Para nen@s
-

NaturArte
NaturArte é unha proposta de narración oral que parte dunha idea ampla e integradora do concepto de arte, entendida como unha forma de expresión humana que nace da observación, da relación e do diálogo coa natureza. A natureza foi historicamente: Desde esta perspectiva, a narración oral convértese nunha ponte entre as artes visuais (ilustración, pintura, escultura)…
-

De Tin Marín
Versións en galego e castelán Todas sabemos que os contos son algo moi máxico: no momento en que dicimos «Había unha vez» poden acontecer cousas prodixiosas. Quen conta e quen escoita xogan a facer realidade soños e fabulacións. Un peixe que fala, unha ra doutora en ciencias, unha torta infinita, unha bicicleta que voa, unha cabaza que…
-

Bailar nas nubes/Bailar en las nubes
Versións en galego e castelán Unha nena soña con bailar coas nubes, pero a súa casa está apegada á terra, moi, moi lonxe do ceo. Mentres todo ao seu redor fala de cousas prácticas e cotiás, ela aprende a mirar cara arriba e a imaxinar o que aínda non existe. O camiño para cumprir os soños…
-

Acender a noite
Acender a noite Había unha vez un neno ao que non lle gustaba nada, nada a noite. Gustábanlle as lanternas, as lámparas, os fachos, os farois,e os faros, os resplandores, as velas, os raios, os lóstregos… Pero non lle gustaba a noite. Mentres, os outros nenos xogaban nos prados, baixo a noite.Rindo.Ao lonxe. De súpeto… ¡un golpe na xanela!Había unha sombra.¡Un golpe na porta!Unha sombra.¡Un ruído na…
-

Nunerías
Nuno é un gato curioso, irreverente e cheo de imaxinación. Vive no seu mundo felino como se fose un rei, e cada día é unha nova aventura: perseguir sombras, soñar con paxaros imposibles ou facerlle trampas ao reloxo da casa. En Nunerías, as súas pequenas trapalladas convértense en contos cheos de humor, tenrura e algunha que…
-

Odiseicas, as que tecen a historia
Odiseicas: as que tecen a historia é un espectáculo de narración oral escénica inspirado na obra e no pensamento de Begoña Caamaño, autora homenaxeada nas Letras Galegas 2026, cuxa escrita supón unha profunda relectura feminista dos mitos fundacionais e dos relatos herdados. A proposta sitúa a igualdade no centro da escena non como mensaxe pedagóxica,…
-

Contos do Mundo/ Cuentos del mundo
Versións en galego e castelán Este espectáculo nace dunha campaña de Animación á Lectura e Integración Multicultural desenvolvida nas Bibliotecas de Oleiros e Santa Cruz ao longo dun ano. Froito deste proxecto, a narradora e a biblioteca recibiron a Primeira Mención nos Premios María Moliner 2007 á mellor campaña de animación á lectura. A proposta…
-

Seres Máxicos do Reino de Galicia
Houbo un tempo no que coñecer os seres máxicos era imprescindible para entender o mundo. Saber onde vivía o nubeiro, que monte habitaba un xigante ou en que fonte podía aparecer unha moura axudaba a orientarse no territorio, pero tamén na vida. Estes seres formaban parte dun saber compartido, ligado á terra, aos camiños e…
-

Nadal Contado
Nadal contado, Nadal cantado — Cando cantar e contar era Nadal Este espectáculo propón unha sesión de narración oral e música en directo arredor do ciclo do inverno e do significado profundo destas datas. A través da palabra contada, Sole Felloza achega historias e tradicións vencelladas ao Nadal: o Tizón de Nadal, os ritos de…
