Acender a noite

Acender a noite

Había unha vez un neno ao que non lle gustaba nada, nada a noite.

Gustábanlle as lanternas, as lámparas, os fachos, os farois,
e os faros, os resplandores, as velas, os raios, os lóstregos

Pero non lle gustaba a noite.

Mentres, os outros nenos xogaban nos prados, baixo a noite.
Rindo.
Ao lonxe.

De súpeto… ¡un golpe na xanela!
Había unha sombra.
¡Un golpe na porta!
Unha sombra.
¡Un ruído na entrada!
Unha sombra…

E así foi como Noite chegou xunto ao Neno,
e xuntos descubriron as historias que alumean o mundo
e derrotan á Escuridade.

Contos para rir co medo.
Para rir co disparate.
Para atopar as cousas que alumean de verdade.