Para Adultos
-

Contos escollidos de Emilia Pardo Bazán
Versións en galego e castelán Este espectáculo de narración oral parte dunha escolma de relatos de Emilia Pardo Bazán, autora fundamental da literatura peninsular e pioneira na denuncia da desigualdade e da violencia exercida contra as mulleres desde a ficción literaria. A proposta céntrase en historias protagonizadas por mulleres de distintas idades e clases sociais,…
-

Odiseicas, as que tecen a historia
Odiseicas: as que tecen a historia é un espectáculo de narración oral escénica inspirado na obra e no pensamento de Begoña Caamaño, autora homenaxeada nas Letras Galegas 2026, cuxa escrita supón unha profunda relectura feminista dos mitos fundacionais e dos relatos herdados. A proposta sitúa a igualdade no centro da escena non como mensaxe pedagóxica,…
-

O comezo do mundo
Mentres cociñamos a lume manso, contamos historias. Dende ésta premisa Sole Felloza percorre o país, escoitando as mulleres. As voces desas mulleres suben ao escenario para contar de tempos sin tempo. Así falan as señoras Lola, Juana, Emérita, Palmira, Otilia, Erundina e tantas outras ao carón da lareira, ao redor da cociña de ferro. Nese…
-

O bar do fondo do mar/ El bar del fondo del mar
Este espectáculo é unha viaxe a un lugar imposible: un bar no fondo do mar, onde se xuntan personaxes estraños, lúcidos e inesquecibles. As historias chegan dese faladoiro submarino no que o real e o fantástico se mesturan con humor, surrealismo e unha fonda carga literaria. Hai nel picardía, erotismo sutil e moita ironía, unha…
-

As inxeniosas do fidalgo/ Las Ingeniosas del Hidalgo
Versións en galego e castelán “As inxeniosas do fidalgo” Espectáculo de narración oral, para educación secundaria Premio do Ministerio de Cultura 2019 ao mellor espectáculo para adolescentes en arte escénicas e feminismo Este espectáculo propón unha relectura contemporánea de Don Quixote de la Mancha, poñendo o foco nas personaxes femininas que atravesan a obra e…
-

Arredor de Otero
“Arredor de Otero” é unha sesión de narración oral que bebe da escrita de Ramón Otero Pedrayo, da súa ollada demorada sobre a terra e do seu compromiso cun país pensado e contado dende dentro. Contos que percorren o ano vivido —vendima, castañeira, Santos, Nadal— e devolven á palabra o seu lugar na memoria colectiva.…
-

Seres Máxicos do Reino de Galicia
Houbo un tempo no que coñecer os seres máxicos era imprescindible para entender o mundo. Saber onde vivía o nubeiro, que monte habitaba un xigante ou en que fonte podía aparecer unha moura axudaba a orientarse no territorio, pero tamén na vida. Estes seres formaban parte dun saber compartido, ligado á terra, aos camiños e…
