Para Adolescentes

  • Contos escollidos de Emilia Pardo Bazán

    Contos escollidos de Emilia Pardo Bazán

    Versións en galego e castelán Este espectáculo de narración oral parte dunha escolma de relatos de Emilia Pardo Bazán, autora fundamental da literatura peninsular e pioneira na denuncia da desigualdade e da violencia exercida contra as mulleres desde a ficción literaria. A proposta céntrase en historias protagonizadas por mulleres de distintas idades e clases sociais,…

  • Estrelas

    Estrelas

    —Avoa, que son as estrelas? —preguntou a nena, sinalando ao ceo. —O ceo é un espello —dixo a avoa—, e o que ti chamas estrelas é o reflexo do lume pequeno que todas levamos no corazón. Hai persoas de lume pequeno, outras de lume que só queima, outras co lume apagado, e tamén quen soña…

  • Bolboretas

    Bolboretas

    Laia berrou dende a porta: —Mamá, vou dar a volta ao mundo! E Salaia, a súa nai, cun sorriso como a lúa crecente, dixo adeus coa man. Sabía que, cando os pés piden camiño, ninguén pode pararlles.O mundo precisa que o camiñen para existir. E así Laia voou polo camiño, na súa bicicleta lila, e…

  • Odiseicas, as que tecen a historia

    Odiseicas, as que tecen a historia

    Odiseicas: as que tecen a historia é un espectáculo de narración oral escénica inspirado na obra e no pensamento de Begoña Caamaño, autora homenaxeada nas Letras Galegas 2026, cuxa escrita supón unha profunda relectura feminista dos mitos fundacionais e dos relatos herdados. A proposta sitúa a igualdade no centro da escena non como mensaxe pedagóxica,…

  • O comezo do mundo

    O comezo do mundo

    Mentres cociñamos a lume manso, contamos historias. Dende ésta premisa Sole Felloza percorre o país, escoitando as mulleres. As voces desas mulleres suben ao escenario para contar de tempos sin tempo. Así falan as señoras Lola, Juana, Emérita, Palmira, Otilia, Erundina e tantas outras ao carón da lareira, ao redor da cociña de ferro. Nese…

  • As inxeniosas do fidalgo/ Las Ingeniosas del Hidalgo

    As inxeniosas do fidalgo/ Las Ingeniosas del Hidalgo

    Versións en galego e castelán “As inxeniosas do fidalgo” Espectáculo de narración oral,  para educación secundaria Premio do Ministerio de Cultura 2019 ao mellor espectáculo para adolescentes en arte escénicas e feminismo Este espectáculo propón unha relectura contemporánea de Don Quixote de la Mancha, poñendo o foco nas personaxes femininas que atravesan a obra e…

  • Seres Máxicos do Reino de Galicia

    Seres Máxicos do Reino de Galicia

    Houbo un tempo no que coñecer os seres máxicos era imprescindible para entender o mundo. Saber onde vivía o nubeiro, que monte habitaba un xigante ou en que fonte podía aparecer unha moura axudaba a orientarse no territorio, pero tamén na vida. Estes seres formaban parte dun saber compartido, ligado á terra, aos camiños e…