Contos escollidos de Emilia Pardo Bazán

Versións en galego e castelán

Este espectáculo de narración oral parte dunha escolma de relatos de Emilia Pardo

Bazán, autora fundamental da literatura peninsular e pioneira na denuncia da

desigualdade e da violencia exercida contra as mulleres desde a ficción literaria.

A proposta céntrase en historias protagonizadas por mulleres de distintas idades e clases sociais, que amosan, con lucidez e valentía, as estruturas de poder, control e violencia presentes nas relacións afectivas e sociais.

A través da palabra oral, os textos dialogan co presente e convértense nunha ferramenta eficaz para a reflexión crítica do alumnado de secundaria.

O espectáculo permite abordar contidos clave para a prevención da violencia machista, como a identificación de condutas abusivas, o cuestionamento dos roles de xénero, a análise das relacións de poder e o dereito das mulleres a decidir sobre as súas vidas.

A narración, adaptada ao contexto educativo, facilita a comprensión emocional e fomenta o debate posterior no aula.

A proposta está especialmente indicada para traballar transversalmente materias como Lingua e Literatura, Educación en Igualdade ou programas de convivencia e prevención das violencias, ofrecendo unha aproximación cultural e pedagóxica á obra dunha autora de referencia. Pioneira na denuncia da situación das mulleres dende o seu universo literario.