De Tin Marín

Versións en galego e castelán

Todas sabemos que os contos son algo moi máxico: no momento en que dicimos «Había unha vez» poden acontecer cousas prodixiosas. Quen conta e quen escoita xogan a facer realidade soños e fabulacións.

Un peixe que fala, unha ra doutora en ciencias, unha torta infinita, unha bicicleta que voa, unha cabaza que non se transforma…

Ducias de historias que hai que conxurar na memoria da contacontos.

As palabras máxicas son sinxelas e chegan da outra beira do mar; só hai que abrir ben unha orella para memorizar e cantar:

De Tin Marín que do pin ué,
púcara mácara títere fue.

E o conto, paseniño, sen facer ruído… vén.

De Tin Marín son palabras moi coñecidas en moitos países de América Latina. Valen para escoller a quenda nun xogo, para espantar os trasnos, para facer maxia, e acompañan a Sole Felloza desde o comezo da súa andaina profesional cos contos.

Unha andaina que no ano 2024 celebrou 35 anos.

O espectáculo presenta dous formatos:

  • un para bebés de 12 a 36 meses,
  • e outro para maiores de 3 anos e público familiar.

Necesidades técnicas

  • Mesa baixa
  • Unha cadeira
  • No caso da sesión para bebés, posibilidade de escurecemento da sala

De Tin Marín

Todas sabemos que los cuentos son algo muy mágico: en el momento en que decimos «Había una vez» pueden suceder cosas prodigiosas. Quien cuenta y quien escucha juegan a hacer realidad sueños y fabulaciones.

Un pez que habla, una rana doctora en ciencias, una tarta infinita, una bicicleta que vuela, una calabaza que no se transforma…

Decenas de historias que hay que conjurar en la memoria de la cuentacuentos.

Las palabras mágicas son sencillas y llegan desde la otra orilla del mar; solo hay que abrir bien una oreja para memorizar y cantar:

De Tin Marín que do pin ué,
púcara mácara títere fue.

Y el cuento, despacito, sin hacer ruido… llega.

De Tin Marín son palabras muy conocidas en muchos países de América Latina. Sirven para elegir turno en un juego, para espantar trasgos, para hacer magia, y acompañan a Sole Felloza desde el comienzo de su andadura profesional con los cuentos.

Una trayectoria que en 2024 celebró 35 años.

El espectáculo cuenta con dos formatos:

  • uno para bebés de 12 a 36 meses,
  • y otro para mayores de 3 años y público familiar.

Necesidades técnicas

  • Mesa baja
  • Una silla
  • En el caso de la sesión para bebés, posibilidad de oscurecimiento de la sala