Paxariña de papel

Unha paxariña pequena sae do niño e comeza a voar.
Ás veces semella un avión, outras un papaventos… cousas da maxia: colles un anaco de papel, dobralo coas túas mans e abrese un mundo novo.

Na mesa poñemos o mantel, unha xerra con auga fresquiña da fonte, e un prato de froita.
Sentámonos ao redor e convidámoste a unha merenda de historias e versos.

Contos de paxariñas, de ventos suaves e de días de primavera, pensados para acompañar os primeiros pasos dos máis pequenos da casa.

Un espazo para soprar, cantar, xogar e sorrir en familia.