Cabaliño hop/Caballito hop

Valentín é un cabalo moi especial, é azul e soña con saír do carrusel onde un día e outro tamén, leva de paseo a moitos nenos e nenas .

Soña con galopar moi lonxe, ata o río e máis alá.

A lúa, que sabe dos seus soños, unha noite prepara un agasallo como só pode facer a lúa.

Espectáculo moi musical, cada neno xoga co adulto  e vai cantando e contando.

Musica tradicional de Uruguai e Africa