Estrelas

—Avoa, que son as estrelas? —preguntou a nena, sinalando ao ceo.

—O ceo é un espello —dixo a avoa—, e o que ti chamas estrelas é o reflexo do lume pequeno que todas levamos no corazón.

Hai persoas de lume pequeno, outras de lume que só queima, outras co lume apagado, e tamén quen soña e loita con tanta forza que o seu lume alumea e caldea…

—E ti, que lume queres ser?

Estrelas é un espectáculo de historias de rapazas e mulleres reais e do mundo literario que loitan por un mundo sen violencia e con igualdade plena.

Duración: 55 minutos