Bailar nas nubes/Bailar en las nubes

Versións en galego e castelán

Unha nena soña con bailar coas nubes, pero a súa casa está apegada á terra, moi, moi lonxe do ceo. Mentres todo ao seu redor fala de cousas prácticas e cotiás, ela aprende a mirar cara arriba e a imaxinar o que aínda non existe.

O camiño para cumprir os soños non sempre é en solitario. Só coa chegada de novos veciños será posible facer realidade ese desexo. Veciños diferentes, chegados de terras lonxanas: algúns co corazón ferido, outros namorado, outros pechado baixo sete chaves. Xuntos aprenderán a abrir as mans, a compartir, e a entender que non todo o importante é o que se pode tocar.

Pouco a pouco, ao abriren os corazóns, tamén se abren as nubes. E entón xorde a pregunta: bailarán todos ao final?

Bailar nas nubes é un espectáculo inspirado no libro de Vanina Starkoff, publicado por Editorial Kalandraka. O libro propón unha viaxe poética e visual cara a ese desexo tan sinxelo e tan necesario: erguer a mirada e atreverse a soñar.

No espectáculo cóntase, desde unha creación libre, a historia de cada unha das casas e das persoas que fan posible o soño da nena. Porque a historia de cada quen é unha tea feita cos fíos da memoria compartida.

Unha proposta sensible e luminosa que convida a non pensar só nas cousas terrenais, a confiar nos soños e na forza do colectivo para facer posible o que semellaba inalcanzable.

Bailar en las nubes

Una niña sueña con bailar con las nubes, pero su casa está apegada a la tierra, muy, muy lejos del cielo. Mientras todo a su alrededor habla de cosas prácticas y cotidianas, ella aprende a mirar hacia arriba y a imaginar lo que aún no existe.

El camino para cumplir los sueños no siempre se recorre en solitario. Solo con la llegada de nuevos vecinos será posible hacer realidad ese deseo. Vecinos diferentes, llegados de tierras lejanas: algunos con el corazón herido, otros enamorado, otros cerrado bajo siete llaves. Juntos aprenderán a abrir las manos, a compartir y a comprender que no todo lo importante es lo que se puede tocar.

Poco a poco, al abrir los corazones, también se abren las nubes. Y entonces surge la pregunta: ¿bailarán todos al final?

Bailar en las nubes es un espectáculo inspirado en el libro de Vanina Starkoff, publicado por Editorial Kalandraka. El libro propone un viaje poético y visual hacia un deseo tan sencillo como necesario: levantar la mirada y atreverse a soñar.

En el espectáculo se cuenta, desde una creación libre, la historia de cada una de las casas y de las personas que hacen posible el sueño de la niña. Porque la historia de cada cual es un tejido hecho con los hilos de la memoria compartida.

Una propuesta sensible y luminosa que invita a no pensar solo en las cosas terrenales, a confiar en los sueños y en la fuerza del colectivo para hacer posible lo que parecía inalcanzable.