Unha das cousas chulas que fixen nestas semanas de tolos foi poñer voz a Völva, á sacerdotisa do impresionante traballo que o un dos tipos que máis admiro do cómic , David Rubín, fixo para a exposición «Unha vida Viquinga».
Foi un desafío falar en Noruego antiguo, latín medieval (que non é como o que coñecemos) pero da man de Irene García Losquino, comisaria da exposición, foi unha gozada.
Abofé que rimos e moito!
Se queredes saber do Ginnungagap, de Ymir, do fimbulvetr… e de Ragnarök, tedes que escoitar e ver
, en galego e castelán a saga da profetisa primixenia, na Sala de Mitoloxía.
Tamén anda a miña voz nos audios que atoparedes entre ás fantásticas e sorprendentes pezas.
Moitas grazas Irene por confiar en mi.
Subide a Cidade da Cultura de Galicia, seguro que vos encanta!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *