Laia berrou dende a porta:

—Mamá, vou dar a volta ao mundo!

E Salaia, a súa nai, cun sorriso como a lúa crecente, dixo adeus coa man.

Sabía que, cando os pés piden camiño, ninguén pode pararlles.
O mundo precisa que o camiñen para existir.

E así Laia voou polo camiño, na súa bicicleta lila, e coñeceu as historias que hoxe conta.
Historias de mulleres bolboretas, que coma ela, un día escoitaron o seu corazón.


Bolboretas é un espectáculo de narración oral onde as historias de nenas e mulleres que voan alto son as protagonistas. Todo acontece ao redor dun baúl cheo de recordos.

Na voz de Laia chegan contos como:

  • Princesas que se coroan soas.

  • Nenas que derrotan dragóns vestidas cunha bolsa de papel.

  • Mulleres que, coa memoria das avoas gardada nunha libreta, cociñan un novo mundo.

  • O Combotá, un equipo de fútbol diferente.

  • Como curar a un papá do seu medo aos estranos.

  • E a historia de Frida, que é o verdadeiro nome de Cincenta…

Nove historias de nenas e mulleres que se adaptan ás idades do público, para dicir ben alto que outro mundo é posible: sen violencia, con igualdade e liberdade.


Por que Bolboretas?

O 25 de novembro, tres mulleres coñecidas como as Bolboretas, as irmás Mirabal, foron asasinadas na República Dominicana só por defender os seus dereitos.

Como tantas outras, soñaban con voar libres por ceos altos.

Na súa memoria, a ONU declarou o 25 de novembro Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.


cartel_bolboretas_sole

 

1 thought on “Bolboretas- contos pola igualdade.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *