A viaxe de Lup

Lupodivico Fernando Gómez de Tipiminí é un lobo moito máis pequeno ca o seu nome tan longo, que lle puxo a súa nai. Por iso, todo o mundo o chama simplemente Lup.

Un día, Lup preparou a súa maleta e marchou dar a volta ao mundo.

Un xersei, unha bufanda, uns peúgos de la, un libro de contos, unha pucha, unha mantiña, a cámara de fotos, un chupete…
—¿Un chupete?
—¿Un chupete é algo que se leva nunha viaxe tan divertida?


Descrición do espectáculo

A viaxe de Lup é un espectáculo de narración oral que mestura son, versos, contos e pequenos obxectos, pensado especialmente para a primeira infancia.

Unha proposta cálida e envolvente que convida as crianzas máis pequenas a viaxar coa imaxinación a través das palabras e dos sentidos.


Público destinatario

Pequenos e pequenas de 12 meses a 3 anos.


Duración

30 minutos.


Necesidades técnicas

  • Espazo escénico para unha mesa, un atril, un pequeno altofalante e unha alfombra.

  • O público deberá estar comodamente instalado en cadeiras baixas ou no chan, favorecendo un ambiente acolledor e relaxado.

———————————————-

Contiños e xogos de Lup

Seguen as aventuras do noso amigo lobo.

Cando chove ou fai frío, Lup queda na casa, pero non se aburre: ten moitos contos e aprende trabalinguas, xogos cos dedos, adiviñas e cantigas.

Un espectáculo de pequeno formato, pensado para bebés de 0 a 3 anos e as súas familias.

Un tempo para xogar no colo, cos dediños, coas mans

Rou, rou,
xouxigou,
ti que vas
e eu que vou.


Duración

30 minutos


Necesidades técnicas

  • Espazo escénico para unha mesa, un pequeno altofalante e unha alfombra.

  • O público debe estar comodamente instalado en cadeiras baixas ou no chan, nun ambiente acolledor.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *