Mara é unha nena que soña con bailar coas nubes, pero a súa casa está preto da terra e moi lonxe do ceo.

Só coa axuda de novas veciñas e novos veciños poderá facer realidade ese soño.

Persoas viaxeiras, chegadas de terras lonxanas, co corazón ferido, namorado ou pechado baixo sete chaves, abrirán as mans… e as nubes acabarán por bailar con todos e todas.

Este espectáculo está inspirado no fermoso libro de Vanina Starkoff, publicado por Editorial Kalandraka: unha viaxe poética e visual para chegar ao lugar onde se baila coas nubes.

No escenario, cóntase a historia de cada casa, de cada persoa que fai posible o soño de Mara. Porque a historia de cada un de nós é un pano tecido cos fíos da memoria colectiva.

Cada casa é un conto diferente.
En cada sesión represéntanse tres historias, adaptadas ás idades do público e ás datas sinaladas do calendario do libro e da lectura.

«Baixa das nubes, filla» é a frase que máis escoita Mara…
Pero coas historias que lle conta a veciñanza, é moi difícil non sentir o corpo lixeiriño.

Cada libro que Mara descobre é un chanzo máis na escaleira da imaxinación, un paso máis na construción da súa identidade.


Idades recomendadas

De 3 a 10 anos.


Necesidades técnicas

  • Espazo escénico: mínimo de 3 x 4 metros.

  • Material: unha cadeira.

En exterior:

  • Micrófono de solapa ou diadema.

  • Altofalante proporcionado pola compañía.


Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *