A paxariña

Unha paxariña pequena sae do niño e comeza a voar.
Ás veces semella un avión, outras un papaventos… cousas da maxia: colles un anaco de papel, dobralo coas túas mans e abrese un mundo novo.

Na mesa poñemos o mantel, unha xerra con auga fresquiña da fonte, e un prato de froita.
Sentámonos ao redor e convidámoste a unha merenda de historias e versos.

Contos de paxariñas, de ventos suaves e de días de primavera, pensados para acompañar os primeiros pasos dos máis pequenos da casa.

Un espazo para soprar, cantar, xogar e sorrir en familia.


Público destinatario

Crianzas de 0 a 3 anos e familias.


Duración

30 minutos


Necesidades técnicas

  • Espazo escénico para unha mesa, un pequeno altofalante e unha alfombra.

  • O público deberá estar comodamente sentado en cadeiras baixas ou no chan, acompañando aos máis pequenos.


 

 

 

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *