Comuñón malograda
En estos días andaba ordenando papeles, cuando me encontré con un documento que merece marco. Un artículo en prensa contra un cuento que a día de hoy lleva más de veinte años en mi repertorio. Aqui va el cuento y ya me diréis si daba para tanto. Es cierto que la oralidad agrega otra dimensión, al contar me recreo en las descripciones, canto… pero básicamente el cuento es lo que escribí éste viernes en mi artículo de Nos Diario.

O cura do meu barrio era xordo, vello e italiano. Así que a visita ao confesionario era un coro desmedido que gritaba aos catro ventos horrendos pecados infantís.
Achegábase o arelado día da comunión e a catequista e o cura esmerábanse no lustre das nosas almas.
Sentíame emocionada desde a explicación do párroco de que no momento da comuñón o Espírito Santo se ía apoderar de min. No meu desbordante maxín a escena da nena do Exorcista trousando en verde quedaba á altura do betume coa miña inminente posesión.
Estaba tan nerviosa que aturei que miña nai me probase unha vez máis aquela alcachofa de raso que era o meu vestido.
Non cabía en min, fuxefuxe como era, desde o día antes do acontecemento soportei, ata as gañas de ir ao baño, non fose ser que se me escapase o espírito santo.
Pola mañá enfundáronme no vestido e uninme á rea de nenos que entraba cantando o «Señor, me has mirado a los ojos…».
Contra o fondo o padre Merlin cos brazos en alto parecía Batman en Gotham City!
Ao recibir a hostia consagrada sentín esa substancia branca e pegañenta que baixaba lenta pola gorxa e transformaba o meu sangue vermello en azul.
Posesa, liberei todo canto viña gardando na miña vexiga desde o día antes. Que equinoccio! Un río de mexo…bendito , inundou o corredor. Risas, berros, prantos…e a man de miña nai chimpándome fóra agarrada polos pelos.
A estampiña da primeira comuñón téñoa. Iso si, non a certifica nin Deus, porque desde aquel preciso momento, a dicir do cura, boteime a perder. Tanto que anos máis tarde argalláronme unha protesta na porta do teatro por este conto. Pero esa historia vai ter que ir outro día)
Contido publicado orixinalmente en Nós Diario
https://www.nosdiario.gal/…/comun…/20200521102954098102.html

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *