Queda unha función na @bpsanxelcasal o 28 máis hoxe toca ir pechando maletas de contos,reorganizar libros polas estanterías e darlle un aquel de Nadal á casa.
E facer facturas!
Gardo no corazón os bicos e cariñas de ilusión destes días.
Sei que agora está de moda odiar estas festas, pero eu sego a ser do clube das panxoliñas, das receitas, do papel de regalo escollido para cada afecto. Se quitamos á festa, non queda nada de nós.
Só tristeza e ansiedade.
Como toda artista non sei o que hai no futuro, polo de agora unha axenda con moitos espazos, pero soños e proxectos a esgalla. Nuno vai quentando o cesto onde gardar a semente. #influencerdealdea #narraciónoral #artista #lomioespuroteatro