Nun territorio extenso, misterioso e brutal no que aínda hoxe vivimos, os deuses conviviron cos homes, beberon da súa cervexa, participaron das súas batallas, exiliáronse nos seus montes. Nas vellas aldeas, na noite dos castros, hai máis de dous mil anos, alí onde hoxe vemos mudas ruínas circulares e murallas derrubadas, contáronse historias fermosas transmitidas de xeración en xeración. Historias de deuses que viven, que nacen, choran, aman, sangran, viaxan de monte en bosque, e das illas ás costas; historias nas que non existen fronteiras entre o real e o fantástico, porque, coma no tempo de hoxe, o mundo dos homes e das mulleres é sobre todo imaxinación.
Soledad Felloza, da man da palabra e a oralidade, conduce ao público a un mundo imaxinario que, no seu tempo, existiu no territorio da vella Gallaecia da Idade do Ferro: o dunha mitoloxía rica e chea de deuses e deusas, ata agora case descoñecida.
Navia, Reve, Cossue, Berobreo, Poemana….
‘Vento e chuvia’ é un espectáculo de narración oral, baseado nos textos de Manuel Gago e mestura a ficción dos relatos de deuses e homes con investigación arqueolóxica.
Durante o espectáculo dialogan dous tipos de ficción acerca da Idade de Ferro no Atlántico e os seus mitos; a ficción do historiador á busca de dados e a do narrador que a través da pegada arqueolóxica constrúe a historia.
Deuses e deusas prerrománs do panteón galaíco protagonizan estas historias míticas. ‘Unha vella nación é como una gran casa cun faiado enorme’.
Ningún país europeo mantén vínculos emocionais e culturais tan estreitos ca sua Edade de Ferro como Galiza, mesmo moitas das veces sen sequera ser conscientes desa relación.
Case todas as suas aldeas, pobos e vilas están vencelladas a un castro, mámoa ou petróglifo, e cadanseu monumento está ligado á creenzas, ritos e lendas.
O espectáculo é un diálogo entre descripción histórica e narración oral. Unha mestura de ficción e realidade.
Deuses e homes corren baixo a chuvia, e as súas palabras son levadas polo vento e as augas, que son a cerna de Galicia
Necesidades técnicas:
1 pantalla de proxección
1 ordenador
(Se o centro non dispón de este material, debe comunícalo para ver de adaptalo a outros recursos)
Duración:
Hai dous níveis posibles adaptados á idade do alumnado.
ESO – 1 hora 10mn.
Bacharalato- 1 hora 30 mns.
Nambos casos ofrecemos un tempo extra de debate co alumnado a estimar polo profesorado.
Para máis información sobre o texto empregado:
A representación corre a cargo de Soledad Felloza, actriz contacontos, fotógrafa e escritora.
Integrante de http://patrimoniogalego.net/ e dos equipos arqueolóxicos de Torre dos Mouros e Torre de Mallou.