Ainda teño brilli brilli na cara e no corazón. Unha festa fantástica, para inaugurar a XXI edición do Salón do libro de Pontevedra. «Un sorriso de conto» foi o espectáculo que preparamos baixo a batuta de Marcelo DoBode, xunto a N E E Barros Fernández, Manu Albariñas, o coro da Xunqueira e a Xingro’s Big Band. Ter no escenario a niña querida Helena Villar Janeiro, a escritora homenaxeada, dar voz as palabras de Kiko da Silva o primeiro ilustrador homenaxeado no Salón.
A miña fisioterapeuta pode estar contenta do seu traballo, bailé durante unha hora sen parar, o xeonllo do menisco roto aguantó e os dedos do pé operado danzaron con moito ritmo. Longa vida ao Salón! Grazas a Marcelo por contar conmigo e a todo o equipo técnico do Auditorio que fixo posible o noso traballo.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *