A historia de hoxe conta unha pequena maravilla, sei que éstes días estamos tod@s saturadas de info, videos, datos…
Pero si queredes sentir un sopro de inocencia e alegría, aquí vai a historia de Antonio o fillo dos meus amigos Ana e David.
Na rúa máis vella e fermosa de Santiago vive un neno máxico.
Cando naceu encheu de alegría a súa casa e o corazón de todos os que temos a sorte de coñecelo.
O seu sorriso é o sol da zona vella.
O primeiro que fixo en canto se botou a andar foi saltar nas pozas e así foi como todas as pedras falaron distinto.
É máis veloz que o vento.
Todo o que toca coas súas mans vólvese música, festa, color e vida.
Un día chegou á cidade o mal, e como todos tivo que ficar na casa.
No seu balcón medrou un país incrible, cheo de contos, cancións, xogos e risas.
E tivo unha idea:-facer algo que coidase por sempre do seu irmán Martín, da súa mamá, do seu papá, e tamén dos amigos do cole, e das tías , tíos e dos avós.
De todos os avós do mundo!
Como os super heroes dos contos cos que tan ben o pasa, decidiu construír un escudo, algo que derrotase os monstros e os medos.
Colleu a súa caixa de cores, papel e as tesoiras. Dibuxou, pintou e recortou.
A súa mamá colgou cada medalla ao redor do balcón.
Cando viu que a súa casa xa estaba a salvo, seguiu a facer máis e mais.
Enterouse que Fátima tiña medo pola xente que coida e mandoulle parte do seu súper poder
Agora cada avó da residencia de Foz, ten o seu escudo, a súa medalla protectora no peito.
Antonio, o neno do sorriso coma o sol, xa pode xogar tranquilo, o mundo dende hoxe ten vagalumes novos.
No medio da oscuridade, na rúa onde a tristeza quere ser raíña, hai un balcón onde as gargalladas rompen o silencio e agasallan esperanza.
https://www.nosdiario.gal/…/s…/ant/20200326180624093949.html