Todas sabemos que os contos son algo moi máxico,  no momento en que dicimos “Había unha vez” poden pasar cousas prodixiosas. Quen conta e quen escoita xogan a facer realidade soños e fabulacións.

Un peixe que fala, unha ra doutora en ciencias, unha torta infinita, unha bicicleta que voa, unha cabaza que non se transforma…

Ducias de historias que temos que conxurar na memoria da contacontos.

As palabras máxicas son sinxelas, e chegan da outra beira do mar, só hai que abrir ben unha orella para memorizar e cantar

“De Tin Marín que do pin ué púcara mácara títere fue”

E o conto paseniño, sen facer ruido…vén.

De Tin Marín, son palabras moi coñecidas en moitos países de América Latina, valen para escoller a vez nun xogo, para espantar os trasnos, para facer maxia, e acompañan a Sole Felloza dende o comezo da súa andaina profesional cos contos.

Andaina que no 2024 celebra 35 anos.

O espectáculo ten dous formatos, un para bebés de 12 a 36 meses e outro para maiores de 3 anos e familias.

Necesidades técnicas

Mesa Baixa e una cadeira

No caso da sesión de bebés posibilidade de oscuro.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *