Introducción breve da vida, época e obra de Emilia Pardo Bazán nunha escolma de contos onde a violencia machista e a denuncia da situación da muller é a protagonista.

O feminismo de Pardo Bazán adiántase ao seu tempo identificando dereitos qnegados ás mulleres, e a denuncia chega da man da literatura.

Dunha narrativa realista, dura, por momentos, xurden as historias de mulleres, de diferentes clases sociáis, que soñan, viaxan, escollen e viven.

Éste espectáculo de narración oral naceu no ano 2015 para as Campañas de Animación a lectura de Oleiros, dende aquela a obra leva máis de noventa presentacións e foi medrando coa incorporación de novas historias cada ano.

Espectáculo de Narración Oral en dous formatos: mozos e mozas de primeiro ciclo e para bacheralato

Duración:-60m

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *