Mentres cociñamos a lume manso, contamos historias. Dende ésta premisa Sole Felloza percorre o país, escoitando as mulleres.
As voces desas mulleres suben ao escenario para contar de tempos sin tempo.
Así falan as señoras Lola, Juana, Emérita, Palmira, Otilia, Erundina e tantas outras ao carón da lareira, ao redor da cociña de ferro. Nese altar da memoria que empeza nas súas mans e medra nos seus ollos.
Mulleres que sacaron adiante aos fillos cando o home marchaba ao mare o a emigración.
Mulleres que hoxe usan youtube e contan a cámara as cousas para que os netos que medran lonxe saiban da súa terra.
Outras que soñan e o que soñan faise realidade.
Algunas que curan con fieitos o que non curou o médico.
Que abren a súa casa a ésta uruguaia que abre moito as orellas para aprenderlles ben da fermosa lingua na que constrúen o mundo.
Esta uruguaia á que sempre preguntan: e ti por qué falas galego
E ela sempre responde:-e porque non?