Corazon ferido

Posted by Sole on Nov 16, 2016 in Diario |

A última vez que falamos, eu estaba contando contos para nenos e nenas. Ti actuabas despois con Uxia. Sentaches no chan cos meninos e a tua cara foi un poema. Eras un cativiño máis na platea.
Ao rematar as historias, viñeches xunto a min, con ese sorriso teu, tan endeble e sinceiro. Déchesme unha aperta fonda e un bico e dixéchesme o piropo máis bonito que unha contacontos pode escoitar.
-Viaxei contigo por unha terra que eu creía que coñecía e vexo que non. Non deixes nunca de contar historias, e moito menos deixes de contar en galego. Que viaxe Sole, que viaxe maravilloso pode ser un conto!
E marchou a coller a sua guitarra.
Hoxe tocaba contar contos en Oleiros, de volta a casa, Manuel chamoume para decirme que xa non estás. Que xa non temos en Santiago o teu andar, as tuas conversas, a tua música.
Esta noite, a ésta lua tan grande quérolle contar a mellor historia que eu saiba. Tal vez así, soñando que podes viaxar a un sitio maravilloso, poda sacar do me peito ésta rabia fonda que non me deixa atopar as palabras fermosas que quixera escribir. Adeus Fran, adeus Narf.

Reply

Copyright © 2018 La Caja de los Hilos All rights reserved. Theme by Laptop Geek.