Amor

Posted by Sole on Oct 14, 2015 in Cuentos, Diario, Galicia |

O tempo no que todo isto estaba cheo de xente-díxome o señor Méndez, ese tempo alá foi, ho. A eira toda era unha festa! Xentes dun lado o doutro do río. Así a coñecín.
Namoreime dela e fun a buscala.
Nun burro fun, para que non manchara os zapatos, porque ela era señorita, de apelidos! Non ma querían dar porque eu era campesiño pobre. Pero ella colleu os vestidos e vino conmigo. Casamos, pero primeiro vino conmigo, máis de sesenta anos xa.
Non tardei moito en facer medrar isto que me deixaran os meus, eu quería mostrar que valía para ela. Os padres dela calaron, ben que calaron, cando viron que as mellores vacas eran as miñas, o mellor pan, as empanadas máis grandes, o cuarto aquel de arriba cheo de lacóns e chourizos, os pipotes cheos de viño. Aqui nunca se pasou fame, traballo si, arrea que se traballou, pero sempre na pota tivemos unto, carne, verduras. Gústame estar aqui, mirando para o fume, miro para él e paréceme que a vida enteira, a miña, pasa por diante. E sabes que morena, si ela dixera que si, facía todo de novo, igual que o fixen. Por ela.
Casa Méndez- San Fiz de Asma

Reply

Copyright © 2017 La Caja de los Hilos All rights reserved. Theme by Laptop Geek.