A señora Emérita

Posted by Sole on Oct 11, 2015 in Cuentos, Galicia |

Chegamos a súa casa, preguntando por outra. Ofendiúse cando dixen que estaba a fotografiar lareiras e descoñecía o bonita que era a que tiña ela.
“Chámome Emérita, dixo abrindo a porta. Pasade a vere a miña lareira. Sentar xunto a ela no escano, foi entrar noutro tempo. Foi pasar do outono ao inverno. Pendurou da gramalleira o artiluxio de asar as castañas, seu sobriño, Juan, trouxo augardente e chourizos. O son das castañas remexidas pola man firme é nervuda de Emérita foi un mantra que enfeitizóunos. Nun intre chegaron os contos do lobo, os contos da montaña, dos camiños polos que non hai que ir pola noite. Non sei si foi pola parva, esa sucesión de rodaxas de chourizo sobre unha castaña asada, baixada pola gorxa con vasos de caña, o pola voz de Emérita, que cando saímos da casa, fora, na fiestra, parecéume ver unhas folerpas brancas alumeadas polas raiolas douradas dun sol pequeno que ollaba para nós dende os Ancares. Acomodei o corpo ao peso do equipo fotográfico, e camiñei pola rúa central da aldea, buscando a Casa da señora Otilia, miñas pegadas facían sobre o cemento o mesmo balbordo das castañas asadas…chás,chás,chás
Aldea de Meixide.A Veiga. Ourense.

Reply

Copyright © 2018 La Caja de los Hilos All rights reserved. Theme by Laptop Geek.