Arredor de Otero

“Arredor de Otero” é unha sesión de narración oral que bebe da escrita de Ramón Otero Pedrayo, da

súa ollada demorada sobre a terra e do seu compromiso cun país pensado e contado dende dentro.

Contos que percorren o ano vivido —vendima, castañeira, Santos, Nadal— e devolven á palabra o seu

lugar na memoria colectiva.

“Arredor de Otero” propón un achegamento á obra de Ramón Otero Pedrayo desde a narración oral,

seguindo o fío da súa escrita fonda e do seu pensamento atento ao país. Os contos acompañan o

discorrer do ano vivido, cando a vendima madura o tempo, a castañeira xunta á xente, Santos chama á

memoria e o Nadal abre o inverno á palabra compartida. Historias nas que a terra, as voces e o

pensamento se recoñecen, e nas que Galicia aparece non como escenario, senón como conciencia, feita

de lembranza, rito e fidelidade ao que somos.