
Foto de Freecat
O Forum Gastronómico Santiago 08 busca á mellor pulpeira galega.
O certame premiará a habilidade e destreza na elaboración e o servizo do Polbo á Feira.
Co objectivo de incentivar e premiar os coñecementos e habilidades das pulpeiras e pulpeiros profesionais de Galicia na destreza na elaboración e servizo do Polbo á Feira, Fòrum Gastronòmic S.L e INCOLSA convocan o I Concurso de Pulpeiras Fórum Gastronómico Santiago. O certame é un dos actos previstos dentro do programa de actividades do Forum Gastronómico Santiago 08, que se celebrará en Compostela do 16 ao 20 de febreiro.
O concurso está aberto a todos aqueles e aquelas profesionais especializados na cocción e o servizo de polbo e que desenvolvan a súa actividade en feiras e mercados de Galicia. A inscrición para participar no I Concurso de Pulpeiras permanecerá aberta ata o 31 de xaneiro. Os interesados poderán formalizar a súa solicitude enviando a ficha de inscrición debidamente enchida ao número de fax 93 889 4304 ou e-mail que se indican máis abaixo ou ben, poñéndose en contacto coa organización. O número de participantes será dun máximo de 10 e rexerase por rigorosa orde de inscrición.
O xurado, formado por prestixiosos cociñeiros, gastrónomos e personaxes da cultura en Galicia, valorará o sabor, a textura, punto de cocción, o aderezo e o corte e presentación do polbo. O gañador do certame recibirá un premio de 1.000 euros e un diploma acreditativo, que recollerá na cerimonia de entrega de premios que se celebrará dentro do programa de actos organizados no Fórum Gastronómico Santiago’08. O Segundo e Terceiro premiados recibirán 800 euros e 600 euros, respectivamente, e un diploma acreditativo do concurso.
Para máis información sobre o I Concurso de Pulpeiras, por favor, póñanse en contacto coa organización no teléfóno 93 883 3045 ou por correo electrónico en produccio@forumgastronomic.com
Para máis información:
Fórum Gastronómico Santiago’08
Departamento de Comunicación
Nati Palomo
Teléfono: 93 883 30 45
e-mail: prensa@forumsantiago.com
Jaime Mera/Rebeca Barreiro
Tel. 981 56 84 64
e-mail: jaime@forumsantiago.com





La Hora de Quevedo- Baltasar Magro.
Los cinco narradores de Bagdad.
Objetos Frágiles-Neil Gaiman. Roca Editorial
Firmin.Sam Savage. Ed.Seix Barral
Confusión e Morte de María Balteira. Una maravilla de
Marica Campos.
El último libro de
Flavio Morganti. "Vacas". Su dignificación sexual y gastronómica. Ed. Everest


Premio Arte y Pico otorgado por
Otorgado por
Otorgado por Siry desde sus
Enero 14th, 2008 at 7:14 pm
Madre mía!!! Que ganas de ir a probar esos manjares…me has puesto los dientes largos!
Enero 14th, 2008 at 7:22 pm
Y tanto!!!
Tu no sabes que bien que sabe este pulpo, cocido en potas de cobre, en platos de madera, con aceite de oliva, pimentón y sal en grano.
Si te vienes por aqui ni falta que hace decir que os vamos de pulpeiras.
Un bs
Enero 14th, 2008 at 9:01 pm
Vengo !